Un balcón á natureza

Quintián · O Páramo · Lugo

Unha historia que medra coa familia

O noso balcón á natureza é testemuña da nosa queixería soterrada, integrada na paisaxe, dende onde se observa como o noso labor na gandería é quen cultiva e esculpe a terra, respecta e fala de herdanza, de pureza, de autenticidade e de amor.

Quintián · O Páramo · Lugo

Somos Julio e Chelo

Collemos da man, con agarimo, aquelo que comezaron os pais de Julio hai máis de 50 anos e seguimos adiante coa firme intención de achegar, a través dos nosos produtos, unha forma de vivir.

Quintián · O Páramo · Lugo

A nosa granxa

A nosa granxa é o corazón de todo: aquí somos quen somos, facemos o que amamos e vivimos en harmonía coa terra e coa nosa maneira de ser e sentir.

Os tres queixos de Gandería Quintián

Leite fresco pasteurizado
SEN HOMOXENIZAR

O leite de sempre

Leite de verdade. En boca é untuosa e moi equilibrada, cun sabor limpo e doce, con lembranzas a vainilla, cereal doce e froitos secos. Conserva todo o seu valor nutricional e o sabor de sempre, coas garantías sanitarias actuais.

Queixería baixo terra

Onde os queixos se afinan e cobran vida

A nosa queixeria está baixo terra, sen impacto paisaxístico o que nos permite ter unha cava de maduración onde a auga se filtra de forma natural acadando a humidade necesaria o que confire aos nosos queixos un carácter moi especial.

Os tres queixos de Gandería Quintián

Os nosos queixos

Queixos artesanais

En Quintián facemos queixos desde a nosa granxa familiar, situada no corazón do O Páramo. Entendemos a maxia do queixo como a conxunción da calidade do leite coa maduración e o afinado dos nosos queixos, que reúnen a singularidade da súa contorna e de quen os transforma e fermenta. Todo é arte, todo é artesán.

Bodegón Agarimo

Queixo Agarimo · Gandería Quintián

Agarimo, tradición e cultura

Queixo Agarimo de Gandería Quintián

Queixo Agarimo · Gandería Quintián

Agarimo, tradición e cultura

Agarimo significa cariño, o mesmo co que as nosas avoas moldeaban o queixo. Recuperamos a codia lavada a man con soro e un sabor suave, lixeiramente ácido, con notas afroitadas e de nata. É o noso xeito de agradecerlles todo o que fixeron e todo o que nos deixaron. Amor e rebeldía contra o esquecemento.

Bodegón Néboa

Queixo Néboa · Gandería Quintián

Néboa, a brétema feita queixo

Queixo Néboa de Gandería Quintián

Queixo Néboa · Gandería Quintián

Néboa, a brétema convertida en queixo

Néboa significa néboa, en galego. Debe o seu nome ao clima da nosa terra.

É un queixo de pasta branda elaborado con leite cru de vaca, cunha codia natural enmohecida, con matices a bosque e champiñón, e notas de nata.

Bodegón Mourelo

Queixo Mourelo · Gandería Quintián

Mourelo, o carácter feito queixo

Queixo Mourelo de Gandería Quintián

Queixo Mourelo · Gandería Quintián

Mourelo, o lado máis curado de Quintián

Mourelo é un queixo de leite cru de vaca, pasta prensada semicocida, con notas a herba seca e froita madura, codia de cogomelos e terra seca.

Semiduro e moi manteigoso, lixeiramente fariñento, con cristais de tirosina e retrogusto longo, elegante e especiado a froitos secos e manteiga madurada.

Amor polo kilómetro cero

Comprometidos coa sostenibilidade

O coidado das nosas vacas forma parte de unha forma de ser e entender a vida.

Nacen con nos, proporcionamos un descanso adecuado a cada idade, cunha alimentación basada na forraxe que nos mesmos sementamos e recollemos na nosa contorna, vacas felices onde prima a calidade a cantidade.

Producir con responsabilidade, entendendo a natureza como aliada a quen coidar e transmitir os valores con transparencia consideramos que é a máxima seguridade para o consumidor.

Contacto

Falamos?

Escríbenos e respondemos canto antes.